venres, 22 de agosto de 2014

UN VIÑO GALEGO CON RAICES XERMANAS

Gerhard Fleischman un Enxeñeiro da Industria Cerámica na Alemania decide no ano 1990 vir o recuncho fermoso do Val do Rosal, con el chegou a súa muller , a sua filla Elisabeth Fleischmann (Economista) acompañada do seu home Gúnter Meyer (Enólogo) e posteriormente nacería Ben un rapaz que xa se cría e xoga no medio dos viñedos.
Gerhard Fleischman

Gúnter Meyer


Gerhard namorase de esta terra, de este val que respira a viña e viños , e cos pasos dos días empeza a descubrir a súa paixón polas súas terras e sobre todo polos viñedos.      



En 1993 comeza  o seu "hobby", como el describe este namoramento, polos viñedos autóctonos do Rosal, A podalos e a traballalos, en 2003  o seu "hobby" quere levalo a un nivel mais arriba e contacta coa Investigadora Científica Carme Martínez na Misión Biolóxica do CSIC (Pontevedra), 



A partir de este momento, e todo porque a súa muller Gisela Fleishmann, encántalle os viños tintos  empeza a reestruturar o seu viñedo plantando todo en espaldera con patrón Richter 110 para logo  enxertalos en  Castañal (Rabo Cordeiro no Rosal) Caiño Tinto, Espadeiro e Souson, castes as que defende con moito orgullo, e unha caste de uva alemana que e familia do Cabernet, e que quere tela no anonimato




No branco fai un traballo distinto, no 2004 adquire unha finca en parra con uva de Albariño, Loureiro (Marqués no Rosal e Cheiro no Ribeiro) e Treixadura, de aproximados 1200 metros cadrados, ten uns rendementos de aproximadamente un de 5500 Kilos por Hectárea , o que fai e estar por debaixo da media da D.O uns 6000 Kilos/Hectárea, claramente unha aposta moi forte pola calidade de este "Colleiteiro" Xermano e como non, deixando o seu selo con unha caste familia do Riesling.




Colleiteiro si, por qué e o nome mais apropiado a unha persoa que mima e coida o seu produto dende o seu nacemento ata as súa obra mestra, a minha maneira de pensar, mais importante que un "Viño de Autor" onde eles están encadrados, pero que en moitos casos a persoa que o fai "salvo excepcións", decide de que finca, escolle a calidade de uva e en moitos casos nin tocou o viñedo cousa moi importante para este sector, baixo o meu punto de vista, 



En 2005 fai a súa primeira elaboración na cal solo saca unha produción total de non mais 600 botellas entre vinos brancos e tintos, así ano a ano chegando xa a seu primeiro embotellado etiquetado no 2012 onde fai tres tipos de viños, dous brancos e un tinto.


En 2012 nace TERRA 1537(http://terra1537.blogspot.com.es) un dos proxectos do mais finos e elegantes que mirei nos últimos anos, como viña dicindo un produto que nace nunha viña con baixos rendemento e altas calidades , un viño maxistral que ten que estar acompañado de unha boa posta en escena  impresionante,  botellas elegantes , embotellado a man, etiquetado e lacrado artesanalmente.


Cando falas con Gerhard entras nun coupage de Galicia-Alemania, no viñedo unha cultura claramente galega apostando por variedades autóctonas pero como vedes a súa presentación e como  calquera marca alemana que coñecemos todos, non falta detalle, cree no cíclico, cree que no Rosal como noutros anos volverase a apostar de novo no tinto, recordar que nos anos 60 no Rosal tiña un 70% de castes tintas plantadas contra un 30% brancas.

Destacar que no seus viños, aínda tendo graduacións relativamente baixas (12º en brancos e 12,5º tintos) a súas acideces son moi  correctas debido a que as variedades foráneas gradúan  por enriba  de 13,5º brancos  e de  14º os tintos, ten ese gran equilibrio tanto en nariz como en boca resaltando todos os seus aromas e sabores.

VIÑOS

BRANCO TERRA 1537 SOBRE LIAS un vino branco de 12º % Vol. con cates autóctonas galegas (Albariño,Loureiro e Treixadura)  criado sobre lías en 10 meses, e un refrescado con 500 litros de barrica de 3 meses, produción 1600 botellas.




BRANCO TERRA 1537 BERRY un viño branco de 12º % Vol.  con castes autóctonas galegas (Albariño. Loureiro, Treixadura) con unha crianza en carballo francés e alemán  con una produción de 600 botellas.



TINTO TERRA 1935 un viño tinto de 12,5º % Vol con castes autoctonas galegas (Castañal, Sousón,Caiño Tinto, Espadeiro) crianza de 10 meses en carballo francés e alemán.











martes, 15 de xullo de 2014

FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

PEREGRINAXE O ROSAL ANTES DE VISITAR  O APOSTOLO


A partir do 18  ata 20 de Xullo voltará un ano mais a Feira do Viño do Rosal, unha feira pequena, pero que ano a ano faixe mais grande en devoción , si en devoción, cando chegan estas datas a “peregrinaxe” de ir a catar e degustar os viños do Rosal maridados cos pratos que presentan os restauradores, na espectacular Praza do Calvario,  xunta a millares de devotos de moitas partes do mundo.

Xa que  chega esta “peregrinaxe” quero facer un guiño a historia, agora, que faltan poucos anos para cumprir as “Bodas de Prata” este evento anual  realmente comenzou como “Feira do Viño do Rosal e Mostra dos Productos tipicos” , e non sempre se estivo ubicada no mesmo sitio nen os mesmos dias xa que chegou a ter cinco dias.

Cartaz a I Feira do Viño e Mostra dos Productos Típicos 

A  Feira nace un 23 de Xullo de 1993 no actual Pavillon Municipal, de feira,  onde encontrabamos as adegas algunha xa desaparecida, e outras que cambiaron de Subzoa na D.O.Rias Baixas, pero tamen encontrabamos naquela con xente productora no Agro, e as percebeiras   que puñan a degustar o mexilon e o erizo da costa do Rosal , por que o Rosal ten 2 kilometros de  costa onde posbilemente sexa dos mellores mariscos de “roca” na provincia de Pontevedra.

Un xoven Angel Suarez dirixindose o publico asistente na inaguaración
da Feira do Rosal 
(Foto: Concello do Rosal)

As adegas e os viños  que compuñan a primeira Feira do viño do Rosal e Mostra dos productos tipicos  estaban, Adegas Terras Gauda(Terras Gauda,Abadia de San Campio), Adega Santiago Ruiz,(Santiago Santiago Ruiz)Adegas Aldea de Abaixo(Señorio da Torre),Adega Quinta de Couselo(Quinta de Couselo), Adegas Lagar de Cervera(Lagar de Cervera), Adegas Aforado (Aforado), Adega Coop. Porta do Rio Miño (Ostium Mini, Cinco Rosas),Bodegas La Val (La Val, Viña Ludy), Viñedos Fernandez Ozores (Lagar de Ozores),Lagar de Pedrales(Lagar de Pedregales)

Dentro dos productos tipicos, A Rosaleira, Miña Terra, Coop. Porta do Rio Miño, Coop. Do Pilar, e as percebeiras do Rosal como antes anunciaba cos seus percebes, erizo e mexilon.
D. Santiago Ruiz no seu stand na I Feira do Viño e Mostra dos Productos Tipicos
(Foto: Concello do Rosal)
Despois de oito  anos no Pavillón e deambulando uns anos nas datas, semanta santa , principios de veran ata que dende xa fai uns anos a feira ten a data sempre o fin de semana antes do dia do Patron de Galicia 25 de Xullo Santiago Apostolo.

Cabe destacar a presenza de pregoeiros moi interesante no mundo viño e gastronomico como a cociñeira Toñi Viente e primerira pregoeira ala por 1998,  o catedratico Xavier Castro autor do libro “A Rosa do Viño”, o xorxalista e membro de Acadamia Andaluza de Gastronomia Jorge Pradanos pero tamen  pregoeiros do mundo da television como o Director do Programa Labranza Anxo Vazquez , Sancho Gracia o popular actor de “Curro Jimenez” foi outro dos pregoeiros destacados, pero non me quero esquecer do concierto de Cristina Pato no 2003 e da visita en directo do  programa "Come e Fala" da Radio Galega co seu presentador Xose Manuel Garcia no 2012.


Xavier Castro Pregoeiro na
XX Feira do Viño do Rosal

(Foto: O Morapio)
Xose Manuel Garcia entrevistando a Susana Jardon
 Directora Técnica Conservas "A Rosaleira"
(Foto: O Morapio)





Como Rosaleiro quero convidar a tod@s, a que fagades na vosa  “peregrinaxe” unha parada antes de visitar Santiago de Compostela  e que degustedes os “Rosales” viños feitos de Albariño,Caiño e Marqués como asi se chama o Loreiro Branco no Val , pero tamen teredes monovarietais de Albariño, de Marqués e de Caiño, cousiñas que ten este pequeño pobo que se chama o Rosal .


Cartaz da XXII Feira do Viño do Rosal 




martes, 10 de xuño de 2014

O VIÑO

Aqui estamos, empezo unha viaxe polo mundo do viño, ese mundo infinito con diferentes terras, diferentes castes, diferentes climas, diferentes conduccions e diferentes "Coupage" que fai que podemos disfrutar en todo eses aromas e paldares das zoas fermosas que temos no mundo.

A idea  xurde de contar as experiencias que temos en distintos eventos, con distintos adegueiros e viticultores, e non so contar os nosos devaneos co viño se non que tamen eles nos contén a nos historias dos seus "fillos" como algún nomea os seus caldos.

Este primeiro post, vou levalo a uns versos moi antigos que encontrei fai moitos anos na casa dos meu padriños José Alonso Rodriguez e Elisa Cardoso Cardoso fundadores e socios da Adega Aldea de Abaixo S.A.T, estas duas persoas as que en certa parte teñen a "culpa" de que eu hoxe en dia teña unha base sobre a viticultura e o viño, estes verso que eu sepa son anonimos pero igual temos algun lector que pode dar algunha opinion sobre el.