martes, 15 de xullo de 2014

FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

PEREGRINAXE O ROSAL ANTES DE VISITAR  O APOSTOLO


A partir do 18  ata 20 de Xullo voltará un ano mais a Feira do Viño do Rosal, unha feira pequena, pero que ano a ano faixe mais grande en devoción , si en devoción, cando chegan estas datas a “peregrinaxe” de ir a catar e degustar os viños do Rosal maridados cos pratos que presentan os restauradores, na espectacular Praza do Calvario,  xunta a millares de devotos de moitas partes do mundo.

Xa que  chega esta “peregrinaxe” quero facer un guiño a historia, agora, que faltan poucos anos para cumprir as “Bodas de Prata” este evento anual  realmente comenzou como “Feira do Viño do Rosal e Mostra dos Productos tipicos” , e non sempre se estivo ubicada no mesmo sitio nen os mesmos dias xa que chegou a ter cinco dias.

Cartaz a I Feira do Viño e Mostra dos Productos Típicos 

A  Feira nace un 23 de Xullo de 1993 no actual Pavillon Municipal, de feira,  onde encontrabamos as adegas algunha xa desaparecida, e outras que cambiaron de Subzoa na D.O.Rias Baixas, pero tamen encontrabamos naquela con xente productora no Agro, e as percebeiras   que puñan a degustar o mexilon e o erizo da costa do Rosal , por que o Rosal ten 2 kilometros de  costa onde posbilemente sexa dos mellores mariscos de “roca” na provincia de Pontevedra.

Un xoven Angel Suarez dirixindose o publico asistente na inaguaración
da Feira do Rosal 
(Foto: Concello do Rosal)

As adegas e os viños  que compuñan a primeira Feira do viño do Rosal e Mostra dos productos tipicos  estaban, Adegas Terras Gauda(Terras Gauda,Abadia de San Campio), Adega Santiago Ruiz,(Santiago Santiago Ruiz)Adegas Aldea de Abaixo(Señorio da Torre),Adega Quinta de Couselo(Quinta de Couselo), Adegas Lagar de Cervera(Lagar de Cervera), Adegas Aforado (Aforado), Adega Coop. Porta do Rio Miño (Ostium Mini, Cinco Rosas),Bodegas La Val (La Val, Viña Ludy), Viñedos Fernandez Ozores (Lagar de Ozores),Lagar de Pedrales(Lagar de Pedregales)

Dentro dos productos tipicos, A Rosaleira, Miña Terra, Coop. Porta do Rio Miño, Coop. Do Pilar, e as percebeiras do Rosal como antes anunciaba cos seus percebes, erizo e mexilon.
D. Santiago Ruiz no seu stand na I Feira do Viño e Mostra dos Productos Tipicos
(Foto: Concello do Rosal)
Despois de oito  anos no Pavillón e deambulando uns anos nas datas, semanta santa , principios de veran ata que dende xa fai uns anos a feira ten a data sempre o fin de semana antes do dia do Patron de Galicia 25 de Xullo Santiago Apostolo.

Cabe destacar a presenza de pregoeiros moi interesante no mundo viño e gastronomico como a cociñeira Toñi Viente e primerira pregoeira ala por 1998,  o catedratico Xavier Castro autor do libro “A Rosa do Viño”, o xorxalista e membro de Acadamia Andaluza de Gastronomia Jorge Pradanos pero tamen  pregoeiros do mundo da television como o Director do Programa Labranza Anxo Vazquez , Sancho Gracia o popular actor de “Curro Jimenez” foi outro dos pregoeiros destacados, pero non me quero esquecer do concierto de Cristina Pato no 2003 e da visita en directo do  programa "Come e Fala" da Radio Galega co seu presentador Xose Manuel Garcia no 2012.


Xavier Castro Pregoeiro na
XX Feira do Viño do Rosal

(Foto: O Morapio)
Xose Manuel Garcia entrevistando a Susana Jardon
 Directora Técnica Conservas "A Rosaleira"
(Foto: O Morapio)





Como Rosaleiro quero convidar a tod@s, a que fagades na vosa  “peregrinaxe” unha parada antes de visitar Santiago de Compostela  e que degustedes os “Rosales” viños feitos de Albariño,Caiño e Marqués como asi se chama o Loreiro Branco no Val , pero tamen teredes monovarietais de Albariño, de Marqués e de Caiño, cousiñas que ten este pequeño pobo que se chama o Rosal .


Cartaz da XXII Feira do Viño do Rosal 




Ningún comentario:

Publicar un comentario