venres, 22 de agosto de 2014

UN VIÑO GALEGO CON RAICES XERMANAS

Gerhard Fleischman un Enxeñeiro da Industria Cerámica na Alemania decide no ano 1990 vir o recuncho fermoso do Val do Rosal, con el chegou a súa muller , a sua filla Elisabeth Fleischmann (Economista) acompañada do seu home Gúnter Meyer (Enólogo) e posteriormente nacería Ben un rapaz que xa se cría e xoga no medio dos viñedos.
Gerhard Fleischman

Gúnter Meyer


Gerhard namorase de esta terra, de este val que respira a viña e viños , e cos pasos dos días empeza a descubrir a súa paixón polas súas terras e sobre todo polos viñedos.      



En 1993 comeza  o seu "hobby", como el describe este namoramento, polos viñedos autóctonos do Rosal, A podalos e a traballalos, en 2003  o seu "hobby" quere levalo a un nivel mais arriba e contacta coa Investigadora Científica Carme Martínez na Misión Biolóxica do CSIC (Pontevedra), 



A partir de este momento, e todo porque a súa muller Gisela Fleishmann, encántalle os viños tintos  empeza a reestruturar o seu viñedo plantando todo en espaldera con patrón Richter 110 para logo  enxertalos en  Castañal (Rabo Cordeiro no Rosal) Caiño Tinto, Espadeiro e Souson, castes as que defende con moito orgullo, e unha caste de uva alemana que e familia do Cabernet, e que quere tela no anonimato




No branco fai un traballo distinto, no 2004 adquire unha finca en parra con uva de Albariño, Loureiro (Marqués no Rosal e Cheiro no Ribeiro) e Treixadura, de aproximados 1200 metros cadrados, ten uns rendementos de aproximadamente un de 5500 Kilos por Hectárea , o que fai e estar por debaixo da media da D.O uns 6000 Kilos/Hectárea, claramente unha aposta moi forte pola calidade de este "Colleiteiro" Xermano e como non, deixando o seu selo con unha caste familia do Riesling.




Colleiteiro si, por qué e o nome mais apropiado a unha persoa que mima e coida o seu produto dende o seu nacemento ata as súa obra mestra, a minha maneira de pensar, mais importante que un "Viño de Autor" onde eles están encadrados, pero que en moitos casos a persoa que o fai "salvo excepcións", decide de que finca, escolle a calidade de uva e en moitos casos nin tocou o viñedo cousa moi importante para este sector, baixo o meu punto de vista, 



En 2005 fai a súa primeira elaboración na cal solo saca unha produción total de non mais 600 botellas entre vinos brancos e tintos, así ano a ano chegando xa a seu primeiro embotellado etiquetado no 2012 onde fai tres tipos de viños, dous brancos e un tinto.


En 2012 nace TERRA 1537(http://terra1537.blogspot.com.es) un dos proxectos do mais finos e elegantes que mirei nos últimos anos, como viña dicindo un produto que nace nunha viña con baixos rendemento e altas calidades , un viño maxistral que ten que estar acompañado de unha boa posta en escena  impresionante,  botellas elegantes , embotellado a man, etiquetado e lacrado artesanalmente.


Cando falas con Gerhard entras nun coupage de Galicia-Alemania, no viñedo unha cultura claramente galega apostando por variedades autóctonas pero como vedes a súa presentación e como  calquera marca alemana que coñecemos todos, non falta detalle, cree no cíclico, cree que no Rosal como noutros anos volverase a apostar de novo no tinto, recordar que nos anos 60 no Rosal tiña un 70% de castes tintas plantadas contra un 30% brancas.

Destacar que no seus viños, aínda tendo graduacións relativamente baixas (12º en brancos e 12,5º tintos) a súas acideces son moi  correctas debido a que as variedades foráneas gradúan  por enriba  de 13,5º brancos  e de  14º os tintos, ten ese gran equilibrio tanto en nariz como en boca resaltando todos os seus aromas e sabores.

VIÑOS

BRANCO TERRA 1537 SOBRE LIAS un vino branco de 12º % Vol. con cates autóctonas galegas (Albariño,Loureiro e Treixadura)  criado sobre lías en 10 meses, e un refrescado con 500 litros de barrica de 3 meses, produción 1600 botellas.




BRANCO TERRA 1537 BERRY un viño branco de 12º % Vol.  con castes autóctonas galegas (Albariño. Loureiro, Treixadura) con unha crianza en carballo francés e alemán  con una produción de 600 botellas.



TINTO TERRA 1935 un viño tinto de 12,5º % Vol con castes autoctonas galegas (Castañal, Sousón,Caiño Tinto, Espadeiro) crianza de 10 meses en carballo francés e alemán.